O Concello anuncia restriccións ao tráfico e ao estacionamento con motivo do Corpus
Con motivo do Corpus Christi, o Concello de Neda anunciou esta mañá unha serie de restriccións ao tráfico e ao estacionamento entre o venres, 31 de maio, e o domingo, 2 de xuño, nas rúas O Castro, Real e Paraíso. A medida faise necesaria pola execución dunha serie de obras de reposición no pavimento do centro histórico por parte da Administración local e pola elaboración das tradicionais Alfombras Florais por parte dos veciños para a posterior celebración da procesión de Corpus. Procesión que arranca o domingo, sobre as 13 horas, na Igrexa de San Nicolás e remata no templo de Santa María.
Os cortes de tráfico e o veto ao estacionamento nas citadas rúas estará vixente dende mañá venres, ás 8 horas.