O Concello activa unha campaña intensiva de desbroce de pistas en todo o termo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+
Traballos de desbroce

Traballos de desbroce

O Concello de Neda anunciou esta mañá, por boca do edil de Obras, Paco Ibón, o inicio dunha campaña intensiva de desbroces en todo o termo municipal. Deste xeito, unha cuadrilla de catro operarios comezou a semana pasada os traballos, para os que se destina dous tractores e varias máquinas desbrozadoras manuais. A campaña levaráse a cabo en toda a rede viaria da localidade, facendo especial fincapé nas pistas e camiños da zona rural. En total, actuarase sobre unha superficie duns 70 quilómetros cadrados.

Segundo explicou o concelleiro de Obras, as tarefas consistirán no desbroce e limpeza de cunetas e prolongaránse por espazo dun mes, mañá e tarde. Os traballos financiaránse con fondos municipais.

O obxetivo é claro: mellorar o estado da rede viaria para reforzar a seguridade de conducto-res e peóns e minimizar o risco de incendios forestais. Deste xeito, as actuacións de desbroce intensificaránse naquelas pistas e camiños con maior tránsito rodado e de acceso a núcleos de poboación.

22 de maio de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.