publicidade hoxe

O Concello acondiciona unha zona recreativa en Rairo coa mellora das instalacións, a seguridade e a implementación de xogos populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Asociación de Veciños de Rairo puxo punto final aos cursos de baile e bolillos que se desenvolveron este ano lo local veciñal. Ao acto de clausura na parroquia de Rairo asistiron o alcalde, Agustín Fernández e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa. Ao finalizar visitaron as obras rematadas na área recreativa e compartiron cos veciños e veciñas da zona un paseo polas mesmas.

Cun orzamento de 26.346 euros procedentes dos orzamentos participativos, as obras implican unha mellora das instalacións existentes e reponden ás demandas formuladas polos veciños e veciñas da zona. A zona de merendero foi cuberto cun tellado de madeira e tella a dúas augas, apoiado en piares de pedra serrada, servindo de parapeto ás inclemencias meteorolóxicas que se puidesen producir.

Levouse a cabo a reforma do peche con postes metálicos redondos e alambrada verde de 1,5 metros de alto, retirando o muro preexistente de cemento que se atopaba en mal estado e restaba visibilidade ás instalacións.

Os veciños e veciñas solicitaron a implementación de xogos populares, e detrás da pista de fútbol sala habilitouse unha zona para practicar o xogo da chave, moi practicado na zona.

Coa reposición de mobiliario, limpeza e acondicionamento da zona, os veciños poden desfrutar dun novo espacio de esparellemento e encontro que sirva de punto de encontro interxeracional e lugar de celebración de festas, reunións ou comidas, ao tempo que se poda practicar deporte ou xogos tradicionais.

Reparacións e obras de mellora en diferentes locais veciñais

O Concello de Ourense executaron a través da Concellería de Participación Cidadá, unha serie de melloras en diferentes locais municipais destinados ao uso por parte das Asociacións de veciños e veciñas da cidade.

No local municipal da AAVV Ribeira Miño, levaronse a cabo labores de reparación das humidades no interior do local, no que se modificou a distribución interior para gañar espacio e sacarlle a maior rendabilidade á zona. Na cuberta colocaronse paneis de 30mm de espesor con aillamento interior de escuma de poliuretano inxectado. A entrada principal queda agora adaptada a persoas con mobilidade reducida para o seu acceso ao local con maior comodidade e seguridade.

Así mesmo, o Concello de Ourense levou a cabo no entorno da Asociación de Veciños de Santa Olaia de Beiro, na estrada da Cabeanca un proxecto de remodelación dunha parcela de 2.050 m2.

A renovación do saneamento, dos accesos, do pavimento do aparcadoiro, e a reforma do parque infantil, coa instalación de aparellos biosaudables, contribúen a humanizar unha zona degradada polo paso do tempo con gran afluencia de veciños e veciñas da zona e barrios colindantes, que empregan o espazo coma zona de esparellemento e encontro interxeracional.

15 de maio de 2013 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.