O colexio de María Auxiliadora – Salesianos será o representante da cidade na final do club de debate
O colexio María Auxiliadora – Salesianos estará o vindeiro sábado representando a comarca de Ourense na final do club de debate, que está impulsada pola coordenadora de traballadoras e traballadores pola normalización lingüística.
Esta iniciativa de concurso naceu hai anos no Concello de Pontevedra, e é a primeira vez que conta cun colexio da nosa cidade. O equipo do María Auxiliadora competirá despois de recibir unhas xornadas de formación en habilidades para o debate, e conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense.
O equipo está preparado por Bibiana Martínez Valladares e ten sete compoñentes que son alumnado de 3ª e 4ª da ESO do citado centro – Mª Alejandra Núñez Lara, José Antonio Martín Benítez, Patricia Salgado González, Ana Tabarés Romero, Catuxa Villar Calvo, Iago Blanco López e Andrea Sanz Cabaleiro -.











