publicidade hoxe

O colexio Ángel de la Guarda de Nigrán recibe o recoñecemento de “Save the Children”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNigrán
A-
A+
Entrega do cheque á ONG

Entrega do cheque á ONG

O colexio de Nigrán Ángel de la Guarda recibiu hoxe o recoñecemento da organización non gobernamental Save the Children, polo labor realizado desde este centro ao longo dos últimos dez anos a favor dos nenos máis desfavorecidos.

Representantes desta ONG de axuda á infancia entregaron hoxe á directiva do centro, en presenza das concelleiras de Benestar Social e Xuventude, María del Carmen Alonso e María José Pino, uns diplomas conmemorativos que recoñecen a achega e colaboración deste colexio nigranés na súa actividade diaria.

Desde fai xa dez anos, o Ángel de La Guarda colabora con esta asociación a través da celebración da carreira solidaria, que se celebra anualmente coincidindo co Día da Paz, o 31 de xaneiro, na que recadan unha media anual superior aos 1.200 euros.

Así mesmo, a directiva do centro e Save the Children aproveitaron o encontro para ratificar o seu compromiso mutuo, con asínana dun acordo no que o colexio e o seu alumnado asume a promoción e difusión dos valores desta ONG, cuxa visión é un mundo no que todos os nenos e nenas teñan asegurado o dereito á supervivencia, a protección, o desenvolvemento e a participación.

22 de maio de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.