O Club San Francisco Teo vence a Oviedo Madbulls na segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Americano

Un instante do encontro
Na tarde do pasado domingo vivíuse en Teo un gran espectáculo deportivo. Precedido polos himnos de Asturias e Galicia que a “ASOCIACIÓN CULTURAL ROSALÍA DE CASTRO” de Cacheiras interpretou, e ca presenza do Alcalde de Teo MARTIÑO NORIEGA e o Conselleiro de Deportes ANXO REI para o sorteo inicial, disputouse a segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Americano entre o equipo local, o Club San Francisco Teo e os asturianos de Oviedo Madbulls.
Nun eléctrico e emocionante partido que tivo en vilo ata o último momento ás dúas aficións, que colmaron as gradas do campo de A Cañoteira en Cacheiras, o Club San Francisco Teo logrou imporse por un marcador de 38 a 27 e conseguíu así a súa primeira vitoria ligueira.
A xoven escuadra teense dirixida polo californiano James Warren Delphenich, ten aos mandos do seu ataque a unha xoven promesa de 18 anos, o seu quarterback Dani “Oregon” Juiz, estudante de enfermería da USC, e que onte foi unha das claves na vitoria do seu equipo.
Agora o Club San Francisco Teo prepárase para disputar o seu último partido na liga, fronte aos Black Ravens. Este partido terá lugar o domingo 2 de xuño ás 17 hs novamente no campo de A Cañoteira de Cacheiras en Teo.











