publicidade hoxe

O Club de Natación de Verín participa no Torneo de Escolas de Natación en Xinzo de Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Trece nenos/as do Club de Natación de Verín, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, participaron no Torneo de Escolas de Natación, celebrado este último fin de semana na piscina climatizada da localidade de Xinzo de Limia

No mesmo asistiron máis 100 nadadores do Club de Natación de Chaves, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia e e Club de Natación de Verín. A convocatoria foi dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competiron nas categorías de benxamín (2001-2002-2003), alevín (1999-2000) e infantil (1998 e anteriores), e nas seguintes probas: 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín e infantil, e 8 x 25 relevos.

Os/as participantes recibiron medallas e trofeos na proba de relevos mixta, que se dividiu en dúas quendas. Na primeira o Club de Natación de Verín acadou o segundo posto, mentres que na segunda alcanzaron o primeiro. O Torneo de Escolas de Natación celebrado en Allariz é a terceira das probas nas que participan integrantes do Club de Natación de Verín, tras a de Verín e Allariz, e que terá a súa continuación na competición de Chaves (08 xuño ).

O Club de Natación de Verín, creado polo actual grupo de goberno na anterior lexislatura, está conformado por un total de 16 nenos/as inscritos de modo directo e outros 14 máis integrantes dos diferentes cursos de natación da Piscina Climatizada de Verín, que conta na actualidade cuns 392 menores. Devandita iniciativa deportiva, que permitiu a consecución de numerosas medallas e trofeos para os/as nenos/as integrantes da mesma,  atópase enmarcada dentro da política municipal promotora da saúde para impulsar a participación comunitaria, promover ambientes onde sexa máis fácil practicar comportamentos e estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte.

29 de maio de 2013 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.