publicidade hoxe

O Club de lectura do Centro de convivencia Fingoi organiza lecturas dramatizadas da obra “Animaliños”, de Vidal Bolaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través do departamento de Animación Sociocultural unhas lecturas dramatizadas da obra de Roberto Vidal Bolaño “Animaliños”, que terán lugar este xoves, día 29 de maio, no Centro de Convivencia Fingoi.

A actividade, organizada con motivo do Día das Letras Galegas, desenvolverase a partir das 10 da mañá.

As lecturas dramatizadas da obra do autor ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas serán dirixidas Paloma Lugilde e intrepretadas polas/os integrantes do Clube de lectura do Centro de Convivencia Fingoi.

Esta é unha actividade libre e aberta a todas as persoias que queiran participar nela.

27 de maio de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.