publicidade hoxe

O Círculo Cultural Santa Eulalia organiza a función teatral “Ubú Rei” no Pazo de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

16052013-46O grupo Inestable Teatro presenta a súa nova obra “Ubú Rei” este domingo 19 de maio ás 18:30 horas no Pazo de Mos, nun acto organizado polo Círculo Cultural “Santa Eulalia”. A entrada será libre e de balde.

“Ubú Rei”, con texto de Alfred Jarry e adaptación de Enrique Buenaventura, aborda dende o humor e a sátira temas de total actualidade como o funcionamento da xustiza, o poder político ou as medidas económicas aplicadas ao pobo. A estrea da mesma tivo lugar a pasada fin de semana no Centro Cultural do Porriño, con gran éxito de crítica e público.

Este grupo teatral que forman sete actores e actrices, naceu da formación en artes escénicas impartida pola escola Xerpo, e busca cos seus traballos a reflexión dende o Entretemento Cultural con divertidas e sorprendentes postas en escena.

As súas próximas actuacións están programadas en Ponteareas, o domingo 25 de maio, e noutros concellos veciños como Salceda ou o Rosal, nas vindeiras semanas.

16 de maio de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.