O Ciclo de butaca da Banda de Música remata coa zarzuela galega “A lenda de Montelongo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e os directores da Banda de Música de Pontevedra e o Coro Liceo de Vilagarcía, presentaron esta mañá o último dos concertos do Ciclo de butaca musical da Banda de Música de Pontevedra que se vén celebrado dende xaneiro deste ano.

A zarzuela galega “A lenda de Montelongo” será a encargada de pechar estas actuacións, o día 26 de maio ás 19.00 horas no Pazo da Cultura
de Pontevedra, despois de máis de 57 anos sen ser representada.

Esta obra data de 1924, ten carácter costumista e con bailes e xiros propios da nosa lingua, e aspira poder ofrecer aos pontevedreses unha
experiencia especial, mediante a interpretación de melodías populares coñecidas por moitos.

O presidente da Banda de Música de Pontevedra, Adrián Saavedra, agradeceu a gran acollida que estes concertos rexistraron durante os cinco
meses da súa duración, tanto no Teatro Principal coma no Pazo da Cultura.

Este último concerto será o único espectáculo dos ciclos musicais no que se cobrará entrada que será de cinco euros.

20 de maio de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.