publicidade hoxe

O certame de antigüidades e labores da Estrada pecha cun rotundo éxito de público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocalLocal Portada
A-
A+
Vista dos participantes á II Feira dos Labores

Vista dos participantes á II Feira dos Labores

Cando apenas faltan unhas horas para que o recinto feiral estradense, de por concluída a súa 2ª Feira de Labores/1º Encontro de Palilleiras- 41º Feira de Antigüidades, a organización considera todo un éxito a afluencia de visitantes.Cerca de cinco mil persoas visitaron o recinto feiral ao longo dos dous días.El 1º Encontro de Palilleiras e a mostra de fiado tradicional, contribuíron a aumentar notablemente o volume de visitantes. Unha trintena de asociacións chegadas de toda Galicia participaron do encontro.

Pola súa banda, a consolidada e xa tradicional mostra de antigüidades, segue calando fondo dentro dos amantes do xénero e coleccionismo en xeral. Unha vintena de firmas, coparon os 2.000 m2 de espazo expositivo. Estas firmas na súa maioría, xa son clientes habituais deste certame e cada unha delas, ao longo destas corenta e unha edicións xa conseguiu fidelizar a gran parte de público que nos secunda coa súa visita edición tras edición.

Das enquisas realizadas pola organización á saída do evento, despréndese que o 35% de visitantes proceden da Coruña, seguida moi de preto cun 28% a provincia de Pontevedra e como non podería ser doutra forma, destacando dentro desta moi considerablemente os visitantes locais. Foi moi salientable a visita de público procedente de fóra da Comunidade, cifrada nun 4%.

O 51% dos enquisados, era a primeira vez que asistía ao evento.En canto ao interese depertado, as antigüidades cun 54% se leva a palma fronte ao 47% que manifestou vir movido polo certame de labores e o encontro de palilleiras e fiandeiras.

O 54% manifestou ter realizado algún tipo de transacción económica na feira. En canto á valoración do certame, o 78% mostrouse satisfeito e o 14% moi satisfecho.El 87% mostra a súa intención de volver visitar o certame en próximas edicións.

12 de maio de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.