O Cersia acolle a Xornada técnica “Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa. Incentivos fiscais á I+D”
Este evento conta cun gran éxito de convocatoria entre as empresas relevantes da economía Compostelana e consultoras especializadas en I+D+i. Hoxe terá lugar en Santiago, a partir das 16h no Edificio CERSIA, a Xornada Técnica gratuita, “Rentabiliza o capital intanxible da túa empresa. Incentivos fiscais á I+D”.
A xornada contará coa asistencia de importantes profesionais do sector e con máis de 36 empresas de referencia que contan con gran experiencia no desenvolvemento de actividades de I+D+i. Ademáis realizarase un análise práctico de cómo beneficiarse dos incentivos fiscais vixentes para as actividades de I+D+i, unha actividade organizada polo Concello de Santiago en colaboración con EQA e o Ministerio de Economía e Competitividade Baixo o nome Patent Box e Compra Pública Innovadora.
A apertura da xornada estará a cargo da concelleira de Economía e Emprego Reyes Leis. Tomarán a palabra Ángel Pérez, xefe de servizo da Dirección Xeral de Innovación e Competitividade, da Secretaria Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, do Ministerio de Economía e Competitividade, que presentará as ferramentas e novidades para a financiación da innovación; Antonio Rodríguez, xefe de División de Xestión da Innovación – SEGAPI-, da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria, que exporá as novas liñas de subvención da Axencia Galega de Innovación; Javier Dader, director de EQA I+D+i quen descubrirá a optimización dos incentivos fiscais para actividades de I+D+i; e Roberto Pereira presidente do Colexio Oficial de Economistas de Galicia que será o encargado de moderar a xornada.
As persoas interesadas poderanse inscribir ata o inicio da Xornada no Portal web www.axencialocaldecolocacion.org