publicidade hoxe

O Centro Social Polivalente acolle ata o 27 de maio unha exposición cos traballos do obradoiro de manualidades dos maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+

O centro social polivalente de Brión acolle ata o vindeiro 27 de maio unha exposición cos traballos realizados durante todo o ano polos maiores participantes nos obradoiros de manualidades convocados polo Concello de Brión. Unha selección de 30 obras realizadas durante o curso e que foron escollidas polos propios veciños e veciñas de Brión para esta mostra.

A pintura é a principal protagonista desta exposición, aínda que tamén se poden contemplar traballos con cerámica ou cristal. A mostra poderá visitarse na planta baixa do centro social polivalente brionés ata a mañá do luns 27 de maio.

23 de maio de 2013 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.