publicidade hoxe

O Centro de Matosinhos acolle un seminario formativo sobre seguridade nas redes informáticas e telecomunicacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo, en colaboración co Departamento Integrado de Formación e Emprego do Concello (DIFE) organizan unha nova actividade formativa relacionada coas novas tecnoloxías da información e das comunicacións. Trátase do Seminario sobre Seguridade en VoIP que se celebrará o mércores, 8 de maio, na aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos. Tratase dunha actividade gratuíta na que os interesados poderán inscribirse ata o 7 de maio a través da web do Cemit.

O obxectivo desta actividade formativa é a de dar a coñecer os ataques, vulnerabilidades e ameazas dos sistemas de VoIP, así como as contramedidas e boas prácticas a aplicar para minimizalos. A xornada diríxese preferentemente a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións, administradores de sistema, enxeñeiros de software e, en xeral, a persoas con perfís técnicos relacionados coa seguridade na telefonía IP.

O temario comopste dos temas Arquitectura de VoIP: Compoñentes fundamentais e Protocolos; Estratyexias clásicas de seguridade en rede; Ataques a sistemas de VoIP, Vulnerabilidade e ameazas; Medidas de Protección e Boas Prácticas. A sesión será impartida polo doutor en Informática pola Universidade da Coruña, Javier Nova; e por Jesús Péerz Rubio, Enxeñeiro de Seguridadque taballa no departamento de I+D da empresa Quobis.

O seminario impartirase o 8 de maio, de 10 a 13:30 horas

3 de maio de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.