O centro de Matosinhos acolle mañá o seminario sobre seguridade informática e nas redes de telecomunicación
O Centro de Formación Permanente de Matosinhos acolle mañá o seminario sobre seguridade informática e nos sistemas de telecomunicacións organizado a través da colaboración entre Concellería de Traballo e Benestar en colaboración co CEMIT. A acción formativa intégrase nun ciclo que se desenvolveu ao longo do mes de maio. Neste caso, o curso céntrase nas redes inarámicas e na metodoloxía de avaliación de seguridade OWISAM e impartirase dende as 9:30 ás 13 horas.
O relator deste seminario será un auditor experto en seguridade informática e hacking e os destinatarios da actividade serán, preferentemente, administradores de redes ou sistemas, analistas de seguridade e, en xeral, a perfiles técnicos cuxa actividade estea relacionada coa seguridade.
O seminario comezará ofrecendo unha introdución nos estándares e o futuro das redes wifi. Revisaranse os principais riscos e necesidade de securizar a rede para, finalmente. Centrase na metodoloxía OWISAM, os seus principais controis e a súa utilización. Esta tecnoloxía xorde co obxectivo de definir unha metodoloxía aberta e colaborativa capaz de dar resposta á necesidade de pór en común controis de seguridade que se deben verificar sobre redes de comunicación inarámicas. A metodoloxía OWISAM é Creative Commons, estando permitido o seu uso e reprodución por calquera persoa.











