publicidade hoxe

O Centro Cultural O Torreiro acollerá a final e clausura dos XXXV Xogos Intersociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O vindeiro sábado 25 de maio o Centro Cultural O Torreiro de Priegue será sede da final e clausura dos XXXV Xogos Intersociais, no que participaron máis de 180 xogadores de nove centros culturais e vecinais de Vigo e Nigrán. A entrega de trofeos, a cargo do presidente da asociación, Eugenio Soto, e de autoridades municipais e de outras entidades colaboradoras, terá lugar ás 19.30 horas.

Os Xogos Intersociais dispútanse desde hai 35 anos entre asociacións culturais e vecinais de Vigo e a súa área metropolitana, entre os meses de outubro e maio. Esta competición de xogos de mesa como o tute, a brisca, a escoba, o parchís, o mus, as damas e o xadrez, dísputase na modalidade de liga, nun todos contra todos. Esta edición congregou a máis de 180 jugadores dos colectivos S.C.D.R. Helios de Bembrive, S.C.D. Atlántida de Matamá, S.V.C.D. Nautilius, C.R.A.C. de Coruxo, U.V.C.D. de Candeán, A.V. de Beade, C.C.A.R. de Valladares, A.V.C.R. San Mamede de Zamáns e C.R.C. O Torreiro de Priegue.

23 de maio de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.