publicidade hoxe

Os concellos do Carballiño e Cea acollen o campionato nacional de seleccións autonómicas de Fútbol Sala do 10 ao 12 de maio

Presentación do campionato

Presentación do campionato

O edil de Deportes, Rodrigo González Hermida, presentaba hoxe o campionato nacional de seleccións autonómicas de futbol sala, que terá lugar o 10, 11 e 12 de maio nos pavillóns municipais do Carballiño e Cea. Xunto co edil estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas “Butra”, o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.

Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma. As seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.

Todas as finais se xogarán o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.

3 de maio de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.