publicidade hoxe

O Carballiño acollerá o 22 de xuño a Xuntanza dous Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño acollerá o próximo 22 de xuño unha nova edición da Xuntanza dos maiores, organizada pola consellería de Benestar en estreita colaboración co concello carballiñés. Os responsables municipais manterán xa a próxima semana unha reunión cos organizadores deste evento, para comezar os preparativos desta, así como os operativos de seguridade e vixilancia, sanitarios e, como é lóxico, toda a infraestrutura que unha festa desta envergadura require.

A esta reunión asistirán os responsables da xunta para o evento, así como as forzas de seguridade que participasen nos operativos, os representantes da sanidade pública e emerxencias, así como os representantes municipais das distintas áreas que participan na planificación e desenvolvemento desta xuntanza, tales como sanidade, benestar social, tráifico e, como é lóxico, alcaldía.

A festa dos maiores trae ata a vila do arenteiro a miles de persoas, procedentes de toda a comunidade autónoma, e de comunidades veciñas como o Principado de Asturias ou castilla e León.

24 de maio de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.