O Campionato Galego e Norte de España de Fisicoculturismo reúne en Lalín a máis de 500 persoas
O Campionato Galego e Norte de España 2013 de Fisicoculturismo celebrado no Auditorio Municipal de Lalín esta fin de semana deixou en Lalín unha repercusión económica duns 12.000 euros no municipio, ademais de que se lle ofreceu este deporte-espectáculo a unhas 600 persoas. Así o destaca o edil de Deportes, José Domínguez Caballero, que sinala que “tres hoteles de Lalín estiveron ao cen por cen de ocupación e os restantes tiveron unha media do 80%”.
“En total pasaron por Lalín esta fin de semana máis de 500 persoas entre acompañantes e competidores; non só de Galicia, senón doutras Comunidades como Asturias, Castela León, País Vasco e Cantabria, xa que o domingo se disputou o Campionato Norte de España”, precisa Domínguez.
“O Campionato foi todo un éxito de público, xa que o Salón Teatro estivo abarrotado os dous días, superándose as previsións iniciais de 400 participantes”, afirma. “Entre o primeiro e o segundo día vendéronse 520 entradas, o que foi todo un éxito de público, ademais de que contribuímos a que un dos clubes máis representativos de Lalín como é o Club Balonmán Lalín recadase fondos”, fai fincapé.
José Domínguez Caballero salienta por outro lado “o bar que se lle ofreceu montar ao Club Balonmán Lalín no propio auditorio para recadar fondos co fin de custear os múltiples gastos derivados dos sectores organizados por eles, tamén resultou bastante beneficioso para eles”.