publicidade hoxe

O C.P Casás Cadete Feminino de Fútbol Sala visitou o Concello de Lugo despois de proclamarse campión galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalLugo
A-
A+
O rexedor co C.P. Casás Cadete Feminino

O rexedor de Lugo xunto ao C.P. Casás Cadete Feminino

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañádo polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal participaron na recepción do C.P. Casás Cadete Feminino de Fútbol Sala recén proclamadas Campionas Galegas nesta categoría.

López Orozco, destacou que “ten que servir como exemplo para outras nenas que vexan a vosa traxectoria e poidan coñecer un deporte que aínda é minoritario entre as mulleres e que hai que promocionar”.  Ademais, tamén lles lembrou que “os estudos non se poden deixar de lado” e que deben compaxinar as dúas tarefas.

9 de maio de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.