publicidade hoxe

O C.E.I.P. de Mallón, en Nigrán, pon en marcha unha horta ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+
Os alumnos xunto á horta ecolóxica

Os alumnos xunto á horta ecolóxica

O C.E.I.P. de Mallón conta desde este curso cunha horta ecolóxica, iniciativa conxunta de alumnos e profesores do centro, que contou coa colaboración dunha nai de dous nenos do colexio. Con esta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto VozNatura, cada curso do centro ocúpase dun bancal, no que plantaron leitugas, patacas allos, cebolas, xudías, etc.

Paralelamente, desenvolveron un pequeno ecosistema, con estanque, plantas acuáticas, ras, así como a realización de diferentes traballos de investigación sobre os alimentos plantados na horta, coñecendo as súas propiedades nutricionais, e talleres nos que prepararon menús elaborados a partir dos produtos plantados na horta. 

27 de maio de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.