publicidade hoxe

O C. D. Lalín e o Erizana F. C. disputarán a final da Copa Deputación 2012-2013 en Pasarón o vindeiro domingo ás 19:30 horas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportesLalínLocalPontevedraProvincias
A-
A+

O Club Deportivo Lalín e o Erizana F. C. de Baiona disputarán a final da Copa Deputación de fútbol o vindeiro domingo 2 de xuño no Estadio de  Pasarón, ás 19:30 horas.

A data e o lugar da gran final da copa provincial foron consensuados nunha xuntanza que tivo lugar onte no Pazo provincial e na que participaron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez, os presidentes do Erizana e do Lalín, Miguel Cedeira e Manuel González respectivamente, ademais doutros directivos e xogadores de ambos os clubs.

A entrada para a final da Copa Deputación 2012-2013 será gratuíta. Os clubs potenciarán a participación dos seus respectivos afeccionados fretando autobuses para que poidan acudir ó choque.

28 de maio de 2013 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.