O Border Collie do larachés Ramón Freire, campión de España xoven en beleza

Recibimento a Ramón Freire e o seu Border Collie
O larachés Ramón Freire Lorenzo, residente no lugar de Villamir (parroquia de Soandres), é unha persoa coñecida pola súa paixón polos animais, especialmente polos cans de raza, cos que participa desde hai anos en concursos tanto a nivel nacional como internacional.
O seu primeiro gran éxito logrouno co exemplar da raza border collie chamado -como nome de pedrigree- Brannasdale Star Saphire (nome de pila, Scott Jr.), proclamado campión de España xoven en beleza na XXXII Monográfica Nacional Collie Club España celebrada en Colmenar del Arroyo (Madrid) a finais do pasado mes de marzo, batendo o récord de precocidade neste galardón ao obtelo con tan so dez meses e medio de idade.
Nese concurso o can obtivo o último dos puntos necesarios para proclamarse campión de España trala valoración do prestixioso xuíz Mr. Felix Cosme, toda unha eminencia a nivel mundial, que avaliou positivamente aspectos do seu adestramento, corpo e apariencia xeral tales como a talla, espalda recta e forte, fronte recta, boa mascotación e movementos, concluído que se trata dun “bo exemplar e cun futuro mellor”.
Previamente Ramón Freire competira con Brannasdale Star Saphire nos campionatos celebrados en Braga (Portugal), Lalín (Ourense), Talavera de la Reina (Toledo), Vigo e Valladolid, financiado parte dos gastos que supón o desprazamento e a estancia en ditas localidades co patrocinio de Piensos Arión.
O exemplar de border collie, do que Ramón Freire é propietarios desde que tiña dous meses e medio, cumprirá o seu primeiro ano de idade o 7 de maio. A partir dos quince meses poderá competir polo título de beleza en categoría absoluta.
Esta mañá o alcalde, José Manuel López, e a concelleira de cultura e deportes, Patricia Bello, recibiron no Concello a Ramón Freire e ao seu can, Brannasdale Star Saphire, para felicitalos polos éxitos obtidos.











