O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle este domingo unha actuación de Roi Casal e Silvia Ferre
O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe este domingo, día 5 un concerto de Roi Casal e Silvia Ferre, no que presenta o seu último traballo en solitario “Máxicamente Vello”, un traballo que, renovando a tradición, demostra que a música en galego non ten que ser necesariamente folck. Sons pop que proveñen de instrumentos como a guitarra, a arpa ou o bouzouki, entre outros, e emarcados pola voz de Roi Casal e Silvia Ferré.
Maxicamente vello é un disco que mira dende a tradición dende modernidade, dando como resultado un traballo maduro repleto de matices, que de seguro deleitará a tódolos asistentes.
O concerto, inicialmente non incluído na programación cultural do Concello de Ribadumia , comezará ás 20.00 horas con entrada libre.











