O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá a actuación do grupo local “CantoTocoConto Trío”
O Auditorio Municipal acollerá este sábado, 11 de maio, a actuación do grupo cedeirés “CantoTocoConto Trío”, integrado por Carlos Dopazo e Quique Vázquez.
Dará comezo ás 20 horas e o prezo das entradas é de 2,5 euros. O seu concerto virá a sustituír á obra teatral “Acto imprevisto”, finalmente a compañía Ditea non poderá representar por motivos alleos á organización. No seu lugar, o público cedeirés poderá disfrutar da música desta formación local nada hai apenas dous anos, pero cun intenso bagaxe ás súas costas.
Quique Vázquez pon voz á música de Carlos Dopazo. E, como fío conductor da actuación, unha narración sobre unha viaxe que transporta ao público a diferentes países de todo o mundo.
Unha viaxe única na que poderán coñecer a música do lugar que visitarán. Como a bossa, un xénero da música popular brasileña, ou os sons cubanos. Sen dúbida, unha cita para non perderse.