publicidade hoxe

O auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros acolle o pase de «Anxeliños»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle mañá sábado 11 de maio ás 20.30 horas o pase do espectáculo Anxeliños, da compañía Espello Cóncavo. Anxeliños é unha comedia de Roberto Vidal Bolaño que amosa as peripecias dunha familia, encabezada por Charli, a carón dunha compañía de cobro de morosos. Na historia concorren outros personaxes, a cada quen máis extravagante, que converten a obra nun
desfile de hilarantes situacións. Estamos ante unha das pezas de Roberto Vidal Bolaño nas que mellor se amosa o seu humor retranqueiro, ás veces duro, pero sempre desbordante de amor polos seus personaxes. A obra é para maiores de 12 anos, o prezo da entrada é de 2,5 euros e estarán á venda a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.

10 de maio de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.