publicidade hoxe

O auditorio do centro cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle o concerto de “Xabier Lorenzo Grupo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

Os concertos do ciclo “As Noites en Capela”, organizado pola Concellería de Cultura que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, continúa mañá xoves, día 23, coa actuación de Xabier Lorenzo Grupo na Capela do Torrente Ballester. O concerto dará comezo ás 21:00 horas e as entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado axenda cultural).

Este proxecto musical nace en setembro do ano 2011 como consecuencia do premio que acada un dos temas do ferrolán Xabier Lorenzo (“O Roncoavión”) no concurso de maquetas “Vas Sacar Nota 2011” da Radio Galega. Así, a partires de ese momento xuntase cun grupo de bos amigos procedentes de diferentes estilos musicais, e comezan a montar un repertorio en base a composicións de Xabier, incorporando tamén algunhas versións -basicamente de músicos portugueses- as que dan un tratamento propio e axeitado ao seu estilo.

22 de maio de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.