publicidade hoxe

O alumnado de Artes do IES A Xunqueira 1, visitará a exposición “Nova York, Viena, Milán Pontevedra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

60 alumnos/as de segundo curso do Bacharelato de Artes do IES A Xunqueira 1 visitarán mañá, guiados por un dos participantes na mostra, Antón Sobral, a exposición colectiva “Nova York, Viena, Milán, Pontevedra”.  Acudirá tamén a concelleira de Cultura Anxos Riveiro Portela.

Ás 9:00 e ás 10:00 horas, eo longo de 45 minutos, os mozos e mozas percorrerán a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura na que se atopan dende o pasado 18 de abril e a ta o 2 de xuño as esculturas, pinturas e video creacións de catro artistas :  Miguel Pereira, Enrique Velasco, Carmen Hermo e Antón Sobral. Este último será o que acompañe aos estudantes e lles explique paso a paso as pezas, respondendo as dúbidas e atendendo as preguntas que poidan xurdir.

Lembramos que a exposición está aberta ao público e pode ser visitada con entrada libre no seguinte horario de apertura: Martes a venres de 17.00 a 21.00h. Sábados de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns, pechado.

2 de maio de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.