O Alcalde reuniuse con representantes da empresa FCC
Despois de que empresa e traballadores da concesionaria de recollida de lixo e limpeza viaria en Monforte non chegaran a un acordo sobre o seu convenio colectivo, o alcalde continúa mantendo contactos que favorezan o encontro das partes.
Logo de terse reunido con representantes dos traballadores, Severino Rodríguez fixo o propio con representantes da empresa FCC.
As posturas da empresa e dos traballadores continúan sendo as mesmas, motivo polo que o alcalde convocará para a vindeira semana, en día aínda por definir, unha reunión a tres bandas: traballadores empresa e Concello.
A intención de Severino Rodríguez é que esta xuntanza sirva para lograr un acordo satisfactorio para empresa e traballadores.











