O alcalde reúnese coa Asociación de Veciños de Donas
O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Veciños de Donas, no marco dos encontros periódicos que o rexedor ten con esta entidade co fin de coñecer as necesidades e demandas dos veciños.
Na reunión, celebrada na Casa Consistorial, tamén estiveron presentes o concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro e o concelleiro de Medio e Servizos, Juan Carlos González.
Durante o encontro, os membros da plataforma veciñal trasladaron ao alcalde as súas peticións para solucionar os problemas que lles afectan e se repasaron as actuacións que quedan pendentes de acometer, co fin de fixar a súa execución.
Entre os temas tratados, e sobre os que se actuará, encóntranse a iluminación das vías, o saneamento e a mellora e arranxo de cunetas.
“O obxecto desta reunión é coñecer de primeira man as demandas dos nosos veciños e atender e solucionar, na medida do posible, os problemas formulados”, asegura Guitián.
Esta serie de reunións coas asociacións veciñais recollen o empeño do Goberno Local por fomentar o contacto cos veciños do municipio.











