O alcalde pontevedrés recibe ao xerente de Il Piccolo tras recibir un galardón europeo culinario
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu esta mañá no Concello ó fundador do restaurante italiano Il Piccolo para felicitalo poco seu recente recoñecemento culinario.
Francesco Ianelli, napolitano de orixe, resultou escollido tras unha esixente selección internacional como único finalista europeo e quinto mundial para acceder ó galardón Ospitalitá Italiana. O premio que otorga o Goberno Italiano garantiza os estándares, calidade de servizos e produtos da “hospitalidade italiana”, e nomea o mellor restaurante italiano fora do seu país de orixe.
O acto, que se celebrará en Roma o día 12 de xuño, Il Piccolo representará a nosa cidade nunha competición na que participarán restaurantes de Nova Iork, Melbourne, Dubai e Quito. O alcalde subliñou a idoneidade desta certificación, acorde ó “modelo de calidade urbana polo que aposta a cidade pontevedresa”.