publicidade hoxe

O alcalde destaca a “bondade” do proxecto da Edar porque “supón salvar a ría para os nosos descendentes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asegurou esta mañá que a estación depuradora de augas residuais suporá “salvar a ría para o futuro e para os nosos descendentes”. O rexedor socialista, que participou na visita que realizou á EDAR de Punta Avarenta o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, destacou a “bondade en sí mesma” do proxecto, que comezou a executar o Goberno de Touriño e que agora, despois de máis de catro anos de traballos que inclúen arredor de 38 kilómetros en redes e 21 tanques de tormenta polos tres municipios aos que a depuradora dará servizo –ademais do de Ares, o de Fene e o de Mugardos-, será unha realidade.

Iglesias subliñou que a actuación da EDAR da resposta a unha demanda que “levábamos pedindo vinte anos pedindo” e que, en definitiva, permitirá salvar a ría de Ares, posto que a estación depuradora, construida para unha poboación de máis de 50.000 habitantes, tratará arredor de seis millóns de metros cúbicos anuais.

De feito, está previsto que en xuño comece a fase de probas e en xullo a de explotación, mes no que tamén iniciarase o proceso biolóxico. Así as cousas, o obxectivo pasa por que a EDAR estea a pleno rendimento no mes de setembro.

Hai que lembrar que mentres que a Xunta explotará a EDAR e o principal bombeo, os Concellos –como xa se informou recentemente- asumirán a rede a través dun consorcio.

31 de maio de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.