O alcalde de Pontevedra reúnese coa “Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia”
Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá no Concello ó presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia, Jose Manuel Valenzuela, así como á presidenta da AJE pontevedresa, Lucía Pedroso.
A dilatada reunión abrangueu temas económicos de actualidade, así coma a situación puntual dalgúns emprendedores da nosa comunidade.
Miguel Anxo Fernández Lores ofertou unha colaboración aberta e constante do Concello en “calquera proposta que poda ser positiva para o emprego pontevedrés”, así como secundou o consello de Jose Manuel Valenzuela de fomentar o emprendemento, sempre que este sexa refrendado por un plan de viabilidade, “non deixar nada a mercé da sorte”.
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia acolle a máis de 1200 empresas, quenes xeran arredor de 5000 postos de traballo na nosa comunidade. Actualmente, actúan como referencia para tódolos mozos e mozas que buscan innovar mediante a creación de novas empresas, así como asesoran a aqueles que solicitan a súa experimentada visión do mercado.