publicidade hoxe

O alcalde de Pontevedra negociará coa Federación para traer á cidade un campionato de Taekwondo relevante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores enviará en breve unha carta ao presidente da Federación española de Taekwondo, Jesús Castellanos Pueblas, para analizar conxuntamente a posibilidade de que Pontevedra poida organizar campionatos de trascendencia estatal e internacional. Así o anunciou no transcurso da recepción de Miguel Cortegoso Estronllo, presidente do Club Mace Sport, que
recentemente recibiu a medalla de bronce ao mérito deportivo pola súa traxectora. No acto de gala de entrega dos galardóns da Federación o Club Mace Sport recibiu o premio ao mellor club de España.

Fernández Lores destacou esta mañá o respecto e o cariño que o mundo do taekwondo tenlle a Miguel Cortegoso, como o puido comprobar durante a gala da entrega dos premios da Federación. Tamén resaltou que “Pontevedra síntese orgullosa de ter unha persoa como Miguel e un club como o Mace Sport que leven estes galardóns, especialmente se se ten en conta que fixeron todo este camiño sen case apoio”.

Para cambiar esta tendencia, o alcalde comprometeuse a manter negociacións coa Federación para que Pontevedra poida acoller un
campionato de importancia. Explicou que na pasada gala non foi posible manter conversas “porque todo discurriu moi deprisa”.

7 de maio de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.