O alcalde de Monforte reunirase cos afectados polas participacións preferentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, reunirase o vindeiro martes día 21 de maio con integrantes da plataforma de afectados polas participacións preferentes no Val de Lemos.

A reunión foi convocada polo alcalde co obxecto de facerlles chegar ós propios interesados os datos sobre as reclamacións presentadas na Oficina Municipal de Información ó Consumidor de Monforte referidas ás mencionadas participacións.

Severino Rodríguez tamén quere coñecer de primeira man as inquedanzas dos membros da plataforma e as accións que teñen pensado levar a cabo para reclamar o que en xustiza lles corresponde.

Tal e como dera a coñecer na derradeira sesión plenaria a voceira do grupo de goberno, Mª Xosé Vega, o número de reclamacións presentadas na OMIC monfortina supera as cincocentas.

Severino Rodríguez poñerase a disposición da plataforma de afectados para colaborar e prestar toda a axuda que dende o Concello sexa posible, coa finalidade de que as súas reivindicacións sexan atendidas por quen corresponda.

A reunión do alcalde cos afectados polas participacións preferentes celebrarase na Casa do Concello o martes día 21 de maio ás 13:00 horas.

19 de maio de 2013 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.