O alcalde de Miño recibe á A.D. Miño tras o ascenso á Primeira División Autonómica

O rexedor coa camiseta do AD Miño
O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, e o concelleiro de Deportes, Antonio Bernardo, recibiron hoxe xoves, na Casa Consistorial á Asociación Deportiva Miño, polo seu ascenso a Primeira División Autonómica.
O primeiro edil e o concelleiro felicitaron os membros da entidade e desexáronlles sorte na nova categoría.
No acto de felicitación, o alcalde entregou o responsable do club, Juan Vidal, unha placa en recoñecemento deste logro deportivo, mentres que aos xogadores e corpo técnico lles correspondeu un pequeno obsequio. O club entregou ao alcalde unha camiseta do AD MIÑO.