publicidade hoxe

O alcalde de Lalín e o Conselleiro de Cultura inauguran o vindeiro venres a XI bienal “Pintor Laxeiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Lalín, José Crespo e o conselleiro de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, inaugurarán o vindeiro venres, 10 de maio, ás 20.30 horas, no Museo Municipal, a XI Bienal Internacional “Pintor Laxeiro” de Lalín, que este ano terá como artista convidado ao lalinense, recentemente falecido, Alfonso Sucasas. No acto inaugural tamén intervirán María Álvarez, concelleira de Cultura; Antonio Garrido, membro do xurado, galerista, crítico de arte e profesora de Arte Moderna da USC e Miguel Santalices Vieira, vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia.

A XI Bienal “Pintor Laxeiro” de Lalín, que abre o “Mes das Letras Galegas” do Concello de Lalín, está composta por 52 obras seleccionadas, gañadoras nas disciplinas de pintura, escultura e fotografía, xunto con 11 obras de Alfonso Sucasas. Os artistas seleccionados foron os seguintes: Amaya González, Ana Gil, Ana Pérez Ventura, Antonio Gil, Basilisa Fiestras, Brucedo, Carlota Salgado Leal, Cillás Seyde, David Catá, Eduardo Valiña, Fondevila, Francisco Escalera, Fruela Alonso, Gery Âlx, Gonzalo Selles Lenard, Guillermo Masedo, Hugo Pazos, Isabel Alonso, Ismael Teira, Itziar Ezquieta, Iván Franco Fraga, Javier Iván Ita, Jesús Madriñán, Jorge Carmona, Jorge Varela, José Andrés Santiago, José Luis Abeledo “Bibí”, José M. Osuna, José M. Vidal Vidal, José Pedro Izquierdo, Julia Ferradás Crespo, Lomartí, Luís Medina, Manuel Bouzo, María Andrés Sanz, Mauricio Vergara, María Meijide, Miguel Vasconcelos, Mónica Trastoy, Mortuzar, Óscar Cabana, Raúl Álvarez, Sebastián Camacho, Soledad Penalta, Svantje Bubhoff, Thalámas Salamatu, Verónica Dieste, Víctor Solanas Díaz, Xabier Arias, Xabier Fernández Ríos e Yolanda Relinque.

A obra da Bienal estará distribuída no Museo Municipal e tamén no Espazo Cultural. Na planta baixa do Museo estarán as 11 obras de Alfonso Sucasas mentres que as restantes 52 seleccionadas se repartirán entre a primeira planta do Museo e o Espazo Cultural. Tras a inauguración da Bienal no Museo, visitarase a exposición no Espazo Cultural do Castro Tecnolóxico.

Entre as personalidades que asitirán á inauguración da Bienal atópanse os membros do xurado: Juan Carlos Meana, decano e profesor titular da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e doutor en Belas Artes; Antonio Garrido Moreno, profesor da Facultade de Historia da Arte, doutro en Historia da Arte Moderna e Contemporánea e propietario e director artístico da Galería de Arte Pardo Bazán na Coruña; Susana Cendán Caaveiro, profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, doutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea e Pilar Taboada, artista multidisciplinar e profesora de Cepforart.

Así mesmo está previsto que participen outras personalidades e autoridades como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a viúva de Alfonso Sucasas, Emilio Rojo; Vázquez Portomeñe; Antón Louro; José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico de Santiago e artistas como Barreiro, Pulido, Quintana, Soledad Penalta, Eduardo Valiña, Amaya González, Gery Alejandro, Isabel Alonso, Itziar Ezquieta, Julia Ferradás, Xabier Fernández Ríos, Cristina Caballero, Xabier Arias, Antonio Gil, “Bibí”, Lomarti, Loly Brucedo, Paco Pestana, Mercedes Rozas, Jorge Varela, Javier Hita, Fondevila ou Carlota Salgado.

Está en preparación o catálogo da Bienal, financiado pola Xunta, a través da Consellería de Cultura que contribuirá a unha maior difusión e promoción da Bienal e dos artista. Ademais, coincidindo coa clausura da Bienal o próximo 7 de xuño faranse entrega das dúas bolsas para participar na XII Xuntanza Internacional Artes Plásticas en xullo de 2014 e tamén se fará a adquisición de obra.

8 de maio de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.