publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol repasa coa veciñanza as obras de mellora en Santa Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Rey Varela con representantes veciñais

Rey Varela con representantes veciñais

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe ata Santa Mariña acompañado polo concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro Muñoz, e da concelleira responsable do barrio, Verónica Casal Míguez, onde mantivo un encontro de traballo cos veciños/as para supervisar as actuacións de mellora e mantemento levadas a cabo durante esta semana no barrio polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello de Ferrol. Estas intervencións están planificadas dentro da primeira fase do Plan de Barrio posto en marcha polo Goberno Local co obxectivo de poñer ao día cada un dos barrios do termo municipal atendendo as demandas veciñais.

O primeiro edil da cidade manifestou que “non son tempos nos que os grandes investimentos sexan fáciles do que se trata con estes programas é de mellorar o día a día  dos veciños e recoller as súas demandas”. Neste sentido, o rexedor municipal informou que os traballos continuarán a vindeira semana coa reparación de fochancas e o pintado e sinalización de pasos de peóns na Avenida do Mar. Ademais, anunciou a continuidade na reparación da rúa Cardosas, que comunica coa autoestrada; e que este mesmo ano estará rematado o parque biosaudable de Santa Mariña, unha das demandas feitas polos veciños e veciñas.

Intervencións de mellora en Santa Mariña

No que atinxe ás actuacións realizadas en Santa Mariña, Rey Varela resumiu as máis destacadas:

– Reparación de máis de 50 fochancas no Camiño do Tiro, Casal dos Ovos e a rúa Chousa, cunha valoración destes traballos que ascende a 14.000 euros.

– Limpeza de colectores de lixo de todo o barrio así como reparación ou substitución dos danados.

– Limpeza de vertedoiros incontrolados no Camiño de Areosas saíndo cara ao Camiño do Paredón e na zona dos depósitos de auga.

– Tarefas de pintado e sinalización en: rúa Anduriña, Santa Mariña (Entronques), o enlace da saída da autoestrada con Catabois, Camiño do Paredón (As Sindicais), rúa Loureiro e rúa Carballo.

– Limpeza de 120 columnas de luz.

– A empresa Emafesa realizou tarefas de roce nos depósitos de O Sino e Casal dos Ovos, ademais da reparación de catro canalizacións na Avenida de Santa Mariña e asfaltado.

– Traballos de mantemento, sega e limpeza do Parque de Santa Mariña e na zona da Igrexa.

– Revisión do funcionamento e o estado dos xogos nos parques infantís do barrio.

24 de maio de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.