O alcalde de Ferrol recibe ao alumnado da Universidade Senior da Coruña no Pazo Municipal
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela recibiu hoxe ao alumnado da Universidade Senior da Coruña no Salón de Plenos do Pazo Municipal. Na recepción tamén estiveron presentes a directora e subdirectora da Universidade Senior da Coruña, Pilar García de la Torre e Pilar Millor, respectivamente, e o responsable de Proxectos Europeos en dita entidade educativa, Francisco Ascón Belver.
O rexedor municipal quixo agradecer a participación dos estudantes neste encontro organizado pola Universidade. Ademais, Rey Varela manifestou que “desexo que gocen esta tarde da súa visita a Ferrol e o paseo pola nosa ría”. Pola súa parte, a directora agradeceu o apoio continuado do goberno local á Universidade Senior do campus da cidade naval. Todos o alumnado participante neste encontro recibiron un exemplar do libro “Navegando entre castillos… El Castillo de San Felipe en Ferrol” de Juan Antonio Rodríguez-Villasante Prieto.