publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol presidiu o acto de homenaxe aos funcionarios/as xubilados o día de Santa Rita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Rey Varela xunto aos homenaxeados

Rey Varela xunto aos homenaxeados

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe o acto oficial de homenaxe aos funcionarios e funcionarias do Concello que pasaron á situación de xubilación no último ano. No acto, celebrado no Salón de Plenos da Casa Consistorial, estiveron presentes o representantes de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal, os traballadores e traballadoras homenaxeados e familiares que tamén aproveitaron para celebrar a festa de Santa Rita, patroa do funcionariado.

O rexedor municipal e os voceiros dos grupos políticos fixeron entrega dunha placa e un libro de recordo aos traballadores municipais que comezarán a gozar da xubilación: José Miguel Barcia Seoane, José Antonio Braña Pedreira, Manuel María Giz Rey, Juan José Ruiz González, María Teresa Vázquez Buyo, Santiago Sánchez de Toca Acebal e Juan Antonio Vidal Romaní.  Rey Varela tamén tivo palabras de recordo para Pepe Vizoso, traballador do Concello de Ferrol falecido hai uns meses. O primeiro edil da cidade quixo agradecer e felicitar en primeiro lugar a estes traballadores do seu servizo a Administración local e considerou fundamental a implicación conxunta tanto dos representantes do goberno como dos empregados municipais. “Os funcionarios permanecedes e facedes posible que a Administración continúe funcionando con normalidade ao servizo da cidadanía” engadiu. Ademais, recordou que en próximos días serán retomadas as negociacións co comité en puntos clave “desexo máis acordos que desacordos, posto que a nosa función é solucionar todos os problemas que entran dentro das  nosas competencias”.

A celebración da patroa dos funcionarios rematou co tradicional brinde no Salón de Recepcións, no que participaron concelleiros e persoal municipal.

22 de maio de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.