publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol avalía coa Asociación de Covas as actuacións acometidas no Plan de Barrios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Reunión coa asociación da Cova

Reunión coa Asociación da Cova

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela,visitou hoxe Covas onde se reuniu cos representantes da Asociación de Veciños desta parroquia do rural co obxectivo de comprobar o seu grao de satisfacción polas actuacións desenvolvidas nesta zona nos últimos días ao abeiro do Plan de Barrios, e, ao mesmo tempo, recoller as novas inquedanzas da entidade veciñal de cara a próximas intervencións. Ademais do primeiro edil da cidade, na xuntanza participaron os concelleiros de Urbanismo, Servizos e Medio Ambiente e Zona Rural, Guillermo Evia Pérez, Borja Carro Muñoz e José Polo Veiga, respectivamente; así como os técnicos municipais supervisores das empresas concesionarias da Administración ferrolá.

En ao redor de 35.000 euros están valoradas as actuacións levadas a cabo ao longo desta semana en Covas polas empresas concesionarias que traballan para o Concello de Ferrol. Rey Varela destacou o feito de que o Plan de Barrios inclúa a todo o ámbito do rural, o que responde ao compromiso que “este Goberno Municipal ten coas parroquias a mesma consideración que con cada un dos barrios da cidade”. E, nesta liña, o rexedor ferrolán engadiu que “o rural ten para nós a mesma importancia que a zona urbana e por iso o Plan de Barrios chegará a cada unha das parroquias do municipio” . Así mesmo, o alcalde explicoulles aos veciños e veciñas de Covas que “o obxectivo desta primeira fase do Plan de Barrios en Covas é solucionar as deficiencias máis importantes que existen nesta parroquia, atendendo ás propias demandas transmitidas pola entidade veciñal e aos criterios dos técnicos do Concello”.

Na reunión coa xunta directiva da entidade veciñal, Rey Varela tomou nota das novas suxestións e demandas que lle transmitiron e comprometeuse a dar resposta a aquelas que dependen directamente da Administración municipal. Entre outras: colocar o peche e novos elementos no parque infantil, arranxos no local social, o comezo inminente do plan de rozas e limpezas no rural ou a organización de actividades de Igualdade dirixidas á muller nas instalacións do local veciñal. Neste encontro de traballo saíron á luz outros asuntos que levan anos paralizados e que aínda non sendo competencia do Concello de Ferrol, o executivo de Rey Varela está a traballar para desbloquealos. Este é o caso da finalización dos expedientes da concentración parcelaria -proceso iniciado en 1983 e sen resolver; e de cuxo remate depende que o Ministerio de Fomento abone as expropiacións pendentes-; ou a ampliación das beirarrúas na estrada de Covas, que é titularidade da Deputación Provincial da Coruña.

Saneamento

A visita de Rey Varela a Covas con motivo do Plan de Barrios tamén serviu para dar a coñecer aos veciños/as desta parroquia o anteproxecto para o saneamento e depuración da conca Covas-Esmelle. O xerente de Emafesa, Alejandro Pisa, e técnicos desta empresa mixta foron os encargados de explicar a proposta de saneamento que ten o Concello de Ferrol para esta zona do rural. O obxectivo é que os veciños/as propoñan agora as súas suxestións e transmitan á Administración local as súas preguntas sobre o proxecto de saneamento no que quere avanzar o Goberno Municipal. “O saneamento é a principal demanda da zona rural e este é o momento de avanzar nel, coincidindo co inicio do remate da rede de saneamento do ámbito urbano da cidade”, apuntou o alcalde.

Así, os veciños/as de Covas poden consultar as cifras e características desta intervención de saneamento a través dos paneis informativos que dende hoxe están instalados no local veciñal. Segundo se recolle no anteproxecto, o orzamento das actuacións proxectadas na conca de Covas-Esmelle ascende ao redor de 2,6 millóns de euros. Hai que ter en conta a planta depuradora proposta para Covas daría servizo ao 80% dos 3.600 habitantes do rural de Ferrol. E no que atinxe aos aspectos técnicos da actuación, a proposta presentada hoxe pasa polo aproveitamento –na medida do posible- da rede de colectores existente e que nunca chegou a estar operativa. Ademais, proponse habilitar varias zonas de bombeo e a construción dunha planta de depuración fóra de terreos afectados pola Rede Natura.

Resumo das actuacións do Plan de Barrios en Covas.

1- EMAFESA

– 7 actuacións de mantemento e saneamiento.
– 3 intervencións de control de calidade.
– Inclúe unha Analítica extraordinaria de mostra tomada na fonte do camping “As Cabazas”.

2- ALUMADO PÚBLICO

– Un total de 61 tarefas realizadas; con limpeza de columnas e reparación de cadros. Ademas, substituíronse difusores e tapas de contadores

3- LIMPEZA E RECOLLEITA DE RESIDUOS

Leváronse a cabo as seguintes actuacións, en xeral en todo o barrio:

– Roce e chapeo, especialmente atención á zona do Local Social – Igrexa parroquial.
– Lavado e baldeo de forma manual das beirarrúas.
– Varrido mecánico, realizado na estrada principal e na estrada das praias.
– Limpeza de graffitis, realizado na zona do Local Social.
– Sumidoiro e tajeas: limpeza e comprobación de funcionamento.
– Limpeza de contenedores e de papeleiras. Así, como reparación ou substitución dos danados. – Colocación de suxeita-colectores nas zonas dos bares e Cooperativa e Prior. – Limpeza e mantemento dos lavaderos de Rajón e A Pedreira.

4- ZONAS VERDES

Realizáronse os seguintes traballos de limpeza e roce:

– Roce, retirada de restos e demais residuos na zona situada na traseira da Asociación de Veciños de Covas, onde están situados os parques biosaludable e infantil.
– Chapeado da zona de aparcamiento da Asociación Vecinal.

Realizáronse as seguintes actuacións con arborado:

– Retirada dun exemplar de cedro, situado diante da Asociación de Veciños de Covas.
– Refaldado dos plátanos situados no atrio da Igrexa.
– Apeo dun exemplar de plátano na estrada principal de Covas (cruzamento de Ragón).

5- PARQUES INFANTÍS E BIOSALUDABLES

– Executáronse traballos de revisión, limpeza, pintado, reparación e reposición de elementos nas dúas instalacións existentes en Covas: Parque Infantil e Xogos biosaudables do local da Asociación de Veciños.

6- ACTUACIÓNS EN VIARIOS E BEIRARRÚAS

Leváronse a cabo 18 actuacións de reparación en calzada de aglomerado en total, máis concretamente:

– 12 baches en Camiño das Cabazas e 6 en Camiño da Pedreira.

7- POLICÍA LOCAL

– Reforzo da presenza policial, con dous axentes polas rúas do barrio desde o luns 29 de abril ata o venres 3 de maio.
– Os axentes cursaron 14 denuncias de tráfico e 13 informes.

3 de maio de 2013 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.