Ferrol asina un convenio para garantir que Exponav continúe como Museo de referencia en Galicia e España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou hoxe co Almirante Xefe do Arsenal Militar, Manuel Luís Garat Caramé, un convenio de colaboración para as actividades e mantemento da Exposición Nacional da Construción Naval (Exponav). O acto tivo lugar no edificio de Herrerías e con esta achega municipal, que ascende a 90.000 euros, “blindamos un dos iconos da cidade como é Exponav e a súa magnífica sede”, subliñou o rexedor municipal.

Nesta liña, Rey Varela relacionou este acordo coa Armada coa Ruta da Construción Naval, “que permite que tódolos ferroláns e visitantes coñezan de primeira man o Arsenal, Navantia e un museo único e referente en España e Galicia como é o de Exponav”. Así mesmo, o primeiro edil da cidade apuntou que a firma deste convenio “e unha nova mostra das boas relacións que existen entre dúas institucións como o Concello e a Armada, e mantelas e profundar nas mesmas é moi importante e positivo para a cidade”.

Segundo se recolle no texto do acordo asinado esta mañá entre Rey Varela e o almirante Garat Caramé, a achega de 90.000 euros do Concello de Ferrol permitirá á Fundación para o Fomento e o Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas o mantemento do material exposto e o seu correcto inventariado; así como a preparación dunha nova sala dedicada ás comunicacións, electrónica e electricidade nos buques. Así mesmo, o convenio posibilitará a continuidade das tarefas de clasificación do material bibliotecario e a posta en marcha dun programa de prácticas extracurriculares para enxeñeiros navais.

28 de maio de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.