O alcalde de Ferrol asina sendos convenios co Club Atletismo Ría de Ferrol e co Club Triatlón Ferrol
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou esta tarde sendos convenios nominativos cos clubs Ría de Ferrol de Atletismo e o Triatlon Ferrol para a presente temporada 2012-2013. Para a sinatura, o primeiro edil da cidade desprazouse ata as pistas ao ar libre da Malata, en compañía da concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós.
Como todos os anos o Concello de Ferrol formaliza a súa achega económica cos grandes clubs da cidade. Nesta ocasión, o club de atletismo ferrolán recibirá con este acordo unha contía de 72.675 euros mentres que o Triatlon Ferrol percibirá unha achega municipal de 9.690 euros. En total, a contía entre estes dous grandes clubs ferroláns ascende a 82.365 euros.