publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol asina o convenio de colaboración co Parrulo Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, desprazouse esta tarde ás instalacións do pavillón polideportivo municipal da Malata para asinar o convenio de colaboración con O Parrulo Fútbol Sala para a presente temporada 2012-2013. O acto tamén asistiu a concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.

A achega económica do Concello de Ferrol ao club de fútbol sala ferrolá para a presente temporada ascende a un total de 29.070 euros. Rey Varela aproveitou a firma deste acordo para desexarlle sorte a O Parrulo no seu intento de ascender de categoría. Neste sentido, fixo un chamamento a afección para que anime ao equipo ferrolá no seu próximo encontro na Malata, que ademais é de portas abertas.

16 de maio de 2013 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.