publicidade hoxe

O Alcalde de Cotobade aproba as bases que rexerán o Concurso de contratación dos 12 operarios do Plan de Cooperación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O Goberno Municipal ten como maior anhelo a reducción do paro no Concello de Cotobade, por iso dende o primeiro día acóllese ós distintos Plans de Cooperación levados adiante pola Xunta e a Deputación.

Neste 2013, o Concello acollerase a dous Plans de Emprego, un da Deputación, e outro da Xunta de Galicia.

Entre outras medidas, o Goberno Municipal solicitou un Curso de Formación de Peóns Forestais, que xa foi concedido o ano pasado, para formar nesta materia a 20 persoas do Concello e que poidan obtar a prepararse para montar as súas empresas ou trabalar para as administracións.

Ademais, o Concello aspira a lograr un Proxecto de Obradoiro xunto ós Concellos de Cerdedo e Campo Lameiro.

Como principal medida no eido do emprego e do desenvolvemento industrial, o Goberno Municipal está traballando arreo na aprobación e na axilización do Parque Industrial de Salgueirós,” que está en exposición pública, despois de moitos anos de loitas e ansias por conseguilo, o cal é un éxito de todos”, e que atraerá a empresas a unha zona ideal para o asentamento dun polígono que poida xerar recursos económicos e diversidade laboral para os nosos veciños”.

O Alcalde manifesta “que ante a difícil situación, apoiar o Polígono de Salgueirós é apoiar a Cotobade a ao seu desarrollo e alégrase de que no prazo de 2 anos dende que foi elixido Alcalde, Cotobade teña a expectativa de poder ter aprobado un polígono industrial”, conseguindo así cumprir a planificación de traballo que o Goberno Municipal se marcou no seu programa electoral e tendo en marcha xa os grandes proxectos para o seu desarrollo nesta metade de mandato despois de pór as cuentas municipais en hora e conseguir ser un dos concellos con superávit de Galicia”.

9 de maio de 2013 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.