O Alcalde de Carballo recibe na Casa do Concello ao Obispo de Teruel e Albarracín, Monseñor Carlos Escribano Subiás

Recepción ao bispo
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado de varios membros da corporación como a Concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, ou o Concelleiro do PP, Alberto Sueiro, recibiu na Casa do Concello a Monseñor Carlos Escribano Subiás, Obispo de Teruel e Albarracín, que visita a vila con motivo da XXVI Semana da Familia que organiza a Parroquia. Escribano mantén unha especial relación con Carballo, xa que foi bautizado no municipio e esta é a primeira ocasión en que visita a vila dende aquel entón. Durante a xuntanza recibiu como lembranza unha escultura de Sargadelos, así como o libro Crónicas de Carballo, e mantivo un agradable encontro no que os representantes municipais e o Obispo, que estivo acompañado do sacerdote Don José García Gondar, intercambiaron impresións sobre Teruel, sobre Carballo e sobre as súas diferentes ocupacións e traxectorias persoais e profesionais.