O alcalde de Cambre recibe ao Club Baloncesto Cambre

Entrega de agasallos entre o rexedor e o clube
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, recibiu hoxe xunto ao concelleiro de Deportes, Fernando Caride, a unha comitiva do Club Baloncesto Cambre, que pechou unha tempada brillante na súa estrea na categoría de Primeiro Nacional. Os cambreses lograron a terceira praza nesta nova división que supón a súa mellor clasificación histórica.
O proxecto que levou a cabo este club supón a confirmación dun camiño deportivo baseado na canteira e na aposta polos seus xogadores veteranos que souberon levar ao máis alto este equipo cambrés.
Estou orgulloso de vós e quero felicitarvos polo voso regreso a Primeira e pola vosa clasificación. Espero que o ano que vén sigades crecendo e afiancedes o voso proxecto deportivo», concluíu. O primeiro edil fixo entrega duns regalos institucionais aos membros do club, que responderon cunhas fotografías do actual equipo de todas as categorías.











