publicidade hoxe

O alcalde convoca aos veciños do Monte Costa para informalos das voaduras que se inician con motivo do desmonte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O goberno de Culleredo celebrará mañá, mércores 22 de maio, dende as 20.30 horas, na casa consistorial unha reunión cos veciños das
inmediacións do Monte Costa para informais do inminente inicio do desmonte, que incluirá a realización de voaduras.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, convocou a residentes das 60 vivendas dos arredores do monte, situadas nos núcleos de Tarrío e Cillobre, principais afectados pola actuación que levará a cabo AENA con motivo da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro.

Sacristán ofrecerá detalles aos veciños de como será o procedemento das voaduras e as medidas de seguridade que adoptará a empresa. Explicará así mesmo as medidas de prevención que se tomarán.

O alcalde convoca a reunión unha vez que recibiu información das condicións da actuación por parte da empresa. O goberno de Culleredo quere manter informados ao máximo aos veciños que son os principais afectados do desmonte, que se iniciará nos próximos días.

21 de maio de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.