publicidade hoxe

O alcalde coñece os arranxos e melloras do lugar do Gabián, en Verducido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visita esta tarde os traballos rematados de arranxo e acondicionamento do lugar do Gabián, na parroquia de Verducido. Irá acompañado do concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira, e de veciños do lugar.

No Gabián o Concello acometeu un arranxo xeral de toda a zona coa mellora do firme, a canalización das augas pluviais coa creación de cunetas e sumidoiros, repintado da sinalización horizontal e colocación dun valo de seguridade nunha pontella da zona.

Ademais, púxoselle unha iluminación artística a un carballo centenario que hai na zona, e que é punto de referencia para os veciños do lugar.
Recentemente o concelleiro Miguel Filgueira visitou o lugar para ver o desenvolvemento dos traballos, e tamén se achegou ao lugar de Abilleira, tamén en Verducido para coñecer os traballos de reconstrucción dun muro caído durante as riadas do último inverno. O derribo do muro supuxo que a estrada de acceso ao lugar por este punto quedase intransitable durante todo este tempo. Arranxar o muro tamén permitiu retranquealo. Ancheouse a estrada, asfaltouse e tamén se canalizaron as augas pluviais, mellorando substancialmente a circulación pola zona.

14 de maio de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.