O alcalde anuncia a posta en marcha da tarxeta integral de turismo en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou esta mañá que o Goberno local traballa en ao posta en marcha da tarxeta integral de turismo en 2014. Así llo comunicou ao sector turístico da cidade e da área con quen mantivo un encontro de traballo para facer un balance da medidas adoptadas no último anos, avanzar os compromisos de futuro e escoitar as propostas e suxestións nesta materia: “O compromiso do Goberno local co sector é inequívoco e aspiramos a seguir consolidado a cidade como un dos principais destinos turísticos”, asegurou.

Tal e como informou o alcalde, o turismo é e será unha das principais fontes de riqueza e de emprego máis importantes para a cidade e a área: “Todo indica que o período 2013-2020 será unha etapa de crecemento e expansión para o sector”, puntualizou e recordou que A Coruña é a segunda cidade, a nivel turístico, de Galicia, e unha das primeiras 20 do país. Neste sentido asegurou que durante o mes de abril A Coruña experimentou un incremento do 0,38% do número de viaxeiros e do 2,56% en pernoctacións con respecto ao mes de marzo.

Carlos Negreira explicou que na reunión se tratou a posta en marcha da tarxeta integral de Turismo en 2014, unha medida na que se debe traballar de forma consensuada cos operadores turísticos e que permitirá ofrecer un produto atractivo e competitivo: “Permitirá, por un prezo determinado, acceder a numerosos servizos, equipamentos municipais, á rede de museos e estúdase incluír o transporte”, asegurou.

Ademais, falouse da importancia da Torre de Hércules como elemento diferencial, un Patrimonio da Humanidade ao que esta semana se sumou a Reserva Mundial da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; do turismo de cruceiros que traerá este ano a 170.000 turistas á cidade converténdoa en referente do noroeste español; e da relevancia da organización de eventos deportivos, culturais e lúdicos que atraen visitantes á cidade e a súa área. Carlos Negreira defendeu a importancia de manter a unidade neste sector para potencialo e mellorar o seu futuro na cidade e admitiu sentirse apoiado en todas as decisións e accións levadas a cabo no aeroporto coruñés.

Á reunión asistiron, entre outros, representantes da Asociación de Hostalaría, de Hospeco, e colectivos de empresarios, comerciantes e institucións relacionadas co sector, como a Autoridade Portuaria ou o Aeroporto.

31 de maio de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.